Entrada destacada

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para alumnado de Educacion Primaria, ESO e Educación Especial

Convocatoria 2018 O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de xuño de 2018. Axudas á compra As axudas da Con...

jueves, 12 de enero de 2017

Acreditación Competencias Profesionales

Convocatoria 2018. Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:
desde o 10 de xaneiro de 2018 ao 2 de febreiro de 2018.

Se tes experiencia laboral podes acreditar as túas competencias adquiridas traballando ou a través de cursos de fomación. Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida,

Descarga o folleto informativo pinchando a imaxe (en breve)
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6852

VIDEO EXPLICATIVO 
https://www.youtube.com/watch?v=c4i_avgAEfk&index=4&list=PLA443653E01D3543F


  • Posuír a nacionalidade española
  • Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acredita
  • As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego  

Importante!
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática. 


 

 Máis información:

Puntos de información

Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.