Entrada destacada

Procedimiento de Admisión en las Universidades de Galicia

Cómo proceder a la preinscripción y matriculación y qué hacer si no se entra directamente en la carrera que se quiere      NERTA,  es ...

jueves, 5 de enero de 2017

PRUEBAS LIBRES PARA LA OBTENCIÓN DEL TÍTULO DE BACHILLERATO

Convocatoria 2017 . Modificaciones en la estructura de la prueba

PRUEBAS PARA OBTENER EL TITULO DE BACHILLERATO 

Para mayores de 20 años.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18068


Artigo 10.  Estrutura da proba

1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e  Humanidades e Ciencias Sociais.

2. A proba constará de dous exercicios, o primeiro deles dedicado ás materias de Lingua  Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. O segundo versará sobre as materias xerais propias e as materias troncais de opción correspondente a cada modalidade e itinerario.

3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo re collido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O primeiro exercicio comprenderá as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura I e II,  Lingua Castelá e Literatura I e II, Primeira Lingua Estranxeira I e II e as materias de Filosofía e Historia de España. Terá como obxectivo valorar a madureza intelectual e a formación  xeral da persoa aspirante naquelas competencias que favorecen a aprendizaxe ao longo  da vida. Será común para as dúas modalidades e estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte. Lingua Galega e Literatura I e II.
b) Segunda parte. Lingua Castelá e Literatura I e II.
c) Terceira parte. Primeira Lingua Estranxeira I e II.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos  das materias de Filosofía e Historia de España.

5. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida. Estruturarase en tres partes:

a) Primeira parte: realizaranse as probas das materias troncais xerais propias de cada modalidade. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, segundo o itinerario escollido, realizaranse as probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas Aplicadas ás  Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte: realizaranse as probas das materias troncais de opción. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións: Física  e Química e Física, Física e Química e Química ou Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha  opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

c) Terceira parte: realizaranse as seguintes probas de materias troncais de opción de  modalidade. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha opción entre  Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais a persoa aspirante seleccionará unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia da Arte ou Literatura  Universal e Historia da Filosofía.

Artigo 13. Superación parcial da proba

1. As persoas aspirantes que teñan superadas as materias de Lingua Galega e Literatura I e II, Lingua Castelá e Literatura I e II, Primeira Lingua Estranxeira I e II, Filosofía e  Historia de España terán validado o primeiro exercicio. Neste caso, a cualificación do exercicio será a media das devanditas materias expresada con números enteiros, redondeada  á unidade máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

2. As persoas aspirantes que teñan superadas as materias de Matemáticas I e II na modalidade de Ciencias, as materias Latín I e II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e as materias de Fundamentos da Arte I e II na modalidade de Artes, así como outras catro materias troncais de opción (das que tres deberán ser da modalidade e itinerario elixidos) terán validado o segundo exercicio. Neste caso, a súa cualificación será a media das materias superadas, expresada con números enteiros, redondeada á unidade máis próxima e, en caso de  equidistancia, á superior.

3. As persoas aspirantes que estean en posesión do título profesional de música ou danza terán validado o segundo exercicio. A súa cualificación será a media aritmética das materias dos cursos 5º e 6º das ditas ensinanzas na correspondente especialidade, redondeada a números enteiros co mesmo criterio expresado nos puntos anteriores. No caso  do alumnado que acceda directamente a 6º curso das ensinanzas profesionais de música  e danza, para o cálculo da nota media serán consideradas as cualificacións das materias  do dito curso.
O alumnado que validase o exercicio de materias de modalidade por posuír o título profesional de música ou danza será proposto para a obtención do título de bacharel na modalidade de Artes.

4. Persoas aspirantes que teñan superadas materias de convocatorias anteriores ( ler artigo 13.4) ou que acceden a 2º curso por ter superado estudos equivalentes ( ler artigo 13.5 e 13.6)

O alumnado que validase o exercicio de materias de modalidade por posuír o título  profesional de música ou danza será proposto para a obtención do título de bacharel na modalidade de Artes.

Más información:

Galicia:
-- El  plazo de presentación de las solicitudes suele ser en  febrero- marzo.
-- La prueba suele tener lugar en  abril, en sesiones de mañana y tarde, en el IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Permanece atento a la proxima convocatoria. Te informaremos!
Normativa de Galicia:

Descárgate:

Guías de contenidos Bachillerato Galicia 

Pruebas últimas convocatorias

Materiales Didácticos 1º BACH
Materiales Didácticos 2º BACH 

Información y modelos de pruebas ( Junta Andalucía )

Fuente: Varios (Xunta de Galicia, Junta de Andalucía, Mi profesor virtual)