Entrada destacada

Hay salida. Violencia de género.

El material educativo “Hay Salida” para la prevención de la violencia de género en la adolescencia , está destinado a proporcionar a los p...

miércoles, 8 de noviembre de 2017

14 nuevos grados en Galicia hasta 2021

Ademais da introdución dos 14 novos graos, este mapa contempla unha declaración de títulos singulares, o impulso de graos interuniversitarios e dobres graos, a retirada da oferta en graos de baixa demanda e a redefinición de títulos duplicados ou multiplicados. 
http://www.gciencia.com/universidade/novos-graos-galicia-2021/



Novos graos

As 14 novas titulacións repártense entre temáticas novas e os que substitúen a títulos que se retiran por baixa demanda. Son os seguintes:

USC: Biotecnoloxía, Criminoloxía – ambos no campus de Santiago -; Emprendemento, Xestión do Patrimonio e Industrias Culturais, Robótica Agroforestal, Bioquímica Agroforestal (todos estes no campus de Lugo). Amais, introdúcese o grao interuniversitario xunto á UDC en Paisaxe, que se impartirá no campus de Lugo dous anos, e na Coruña outros dous.

UDC: ademais de Paisaxe, xorden os graos en Xestión Industrial da Moda, Xestión da Información e Documentación Dixital, Enxeñaría Eléctrica en modalidade dual (estes no campus de Ferrol) e os de Ciencia e Enxeñaría de Datos e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, no campus da Coruña.

UVigo: Enxeñaría Biomédica, no campus de Vigo; e Deseño e Creación, no de Pontevedra.

Os títulos singulares 
considéranse “necesarios” para unha oferta completa
Ademais, a Xunta e as universidades acordaron declarar oito títulos singulares, que pese a non ter moita demanda nos últimos anos, considéranse necesarios para contar cunha oferta completa, integrada e coherente; en definitiva, esenciais e indispensables para o sistema.

Son os graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Galegas, Xeografía e Ordenación do Territorio (USC); Tecnoloxía da Enxeñaría Civil, Enxeñaría Naval e Oceánica, Arquitectura Técnica e Galego e Portugués (UDC); e Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (UVigo).

Títulos retirados

Por outra banda, decidiuse retirar unha serie de graos que “presentan de maneira reiterada unha moi baixa demanda”. Na maioría dos casos, segundo indica a Xunta, no curso no que se retira a oferta do 1º curso do título comeza a impartirse un novo cun perfil máis axeitado. A retirada farase de xeito ordenado e programado. 

Estes graos son, 

--na USC, os graos en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, Xestión de PEMES, e Lingua e Literatura Españolas

--no caso da UDC, retíranse da oferta os graos en Humanidades, en Información e Documentación, en Enxeñaría Eléctrica e en Ciencias Empresariais (este último, con demanda, pero retírase por organización interna da Universidade). 
 
--Na Universidade de Vigo, pola súa parte, non se retira ningún grao.

Títulos duplicados 
con baixa demanda e multiplicados con alta

Hai, ademais, unha serie de títulos de grao que están duplicados no sistema, que ofrecen a mesma habilitación profesional e comparten unha habitual baixa demanda de estudantes. A solución para estes casos pasa por elaborar unhas directrices conxuntas entre as tres universidades, a través do Consorcio Interuniversitario de Galicia, para impulsar a colaboración e a potenciación da súa oferta docente.

Os títulos que se atopan nesta situación son: 

-- o grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (USC) e o grao en Enxeñaría Forestal (UVigo); 
-- o grao en Enxeñaría Agrícola e Alimentaria (USC) e o grao en Enxeñaría Agraria (UVigo); 
-- e, por último, o grao en Enxeñaría Civil (USC) e o grao en Enxeñaría de Obras Públicas (UDC).

No sistema tamén se detectan títulos multiplicados con alta demanda. Neste caso, segundo informa a Xunta,” tentarase diversificar a oferta global a través de orientacións, axeitando a oferta global ás demandas da sociedade galega, ou ben homoxeneizando contidos e competencias nos dous primeiros cursos para favorecer a mobilidade dentro do SUG”.

Así, vaise propoñer, por parte dun comité de expertos académicos de fóra de Galicia, a homoxeneización de, polo menos, os dous primeiros cursos, e incluiranse suxestións de orientacións ou mencións para os dous últimos cursos.

Posteriormente, constituirase unha comisión interuniversitaria integrada por representantes de cada universidade vinculados ao título que valorarán os informes previos e, de consideralo axeitado, consensuarán os títulos especializados que procedan.

Os nove títulos nesta situación son: Administración e Dirección de Empresas, Química, Bioloxía, Comunicación Audiovisual, Enfermería, Dereito, Educación Primaria, Educación Infantil e Enxeñaría Informática.

Fuente: GCiencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario