sábado, 6 de febrero de 2016

Ayudas complementarias de Erasmus+ para enseñanzas artísticas superiores

Convocatoria 2016


A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o  Ministerio de Educación, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas  superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de  mobilidade na educación superior durante o curso 2015/16.
http://www.edu.xunta.es/portal/node/17900
 
Requisitos:
-Estar matriculado no curso 2015/16 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
-Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2015/16.
-Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión da bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de marzo de 2016.

Máis información:
DOG do 26 de febreiro de 2016 
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=322A

Fuente: Consellería de Educación