Entrada destacada

Convocatoria plazas en residencias universitarias USC

Convocatoria  curso 2017-2018. Plazas subvencionadas Plazos de solicitud :  del 2 de mayo  al 30 de junio  Solicitud...

domingo, 10 de enero de 2016

Ayudas para la matrícula universitaria en Galicia

Convocatoria 2017

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2016/17 dos alumnos e alumnas de segundo e posteriores cursos matriculados en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=441D&procedemento=ED441D
Requisitos:

1. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
 
2. Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico actual dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, agás o alumnado a que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado de 45 créditos como mínimo.

3. Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte nos cursos anteriores pero non tela obtido no curso anterior.

4. Ter superado no curso anterior a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:

• En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
• En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.

5. Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.

6. Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:

–Familias de 1 membro: 14.112 €
–Familias de 2 membros: 24.089 €
–Familias de 3 membros: 32.697 €
–Familias de 4 membros: 38.831 €
–Familias de 5 membros: 43.402 €
–Familias de 6 membros: 46.853 €
–Familias de 7 membros: 50.267 €
–Familias de 8 membros: 53.665 €

Contía da axuda:

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que será dun máximo de 862,9 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,1 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto un mes a contar desde a publicación da Orde bo DOG..

Máis información:
DOG do 16 de xaneiro de 2017
orientacion.sug@edu.xunta.es
https://orientagalicia.blogspot.com.es/2016/05/calendario-de-becas-y-ayudas-xunta.html

Fuente: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario