Entrada destacada

Becas y ayudas a alumnos de niveles postobligatorios

Convocatoria 2017-2018 El día 10 de agosto de 2017 se publicó en el Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones (no en el tradicional ...

viernes, 25 de septiembre de 2015

Ayudas para inicio de estudios universitarios en Galicia. Actualizado 4-10-2016

Convocatoria 2016

A Consellería de Educación convoca axuda s destinadas a financiar os gastos da Matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2016/17 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=441C&procedemento=ED441C
Importes das axudas:

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,10euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

Requisitos académicos

Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.

Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Requisitos de carácter económico:

Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:

•Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
•Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
•Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
•Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
•Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
•Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
•Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
•Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.

O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 4 de novembro de 2016.