Entrada destacada

Procedimiento de Admisión en las Universidades de Galicia

Cómo proceder a la preinscripción y matriculación y qué hacer si no se entra directamente en la carrera que se quiere      NERTA,  es ...

martes, 14 de julio de 2015

Colaboradores becarios en los centros residenciales docentes de A Coruña, Ourense y Vigo

Convocatoria 2015

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de colaboradores bolseiros para o curso 2015/2016, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150714/AnuncioG0164-030715-0001_es.html

Requisitos:

a) Dezaoito anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2015.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada enensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2015/16.

Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo ou matriculados no número de créditos indicado a seguir:

a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.

Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.

Non obstante, os solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculados no número mínimo indicado a seguir:

a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50% do créditos indicados.

Incompatibilidades

1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar,
mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de ax
udas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de agosto de 2015.

Máis información
DOG do 14 de xullo de 2015

Fuente: DOG