viernes, 19 de junio de 2015

Plazas en los centros residenciales docentes de A Coruña, Ourense y Vigo ( actualizado 8-6-2016)

Convocatoria 2016


A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais
docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non
universitarios no curso académico 2016/17.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150714/AnuncioG0164-030715-0001_es.html
Requisitos:

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel
educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Requisito de renda da unidade familiar:

Para determinar as bolsas e bonificacións en función da renda familiar, terase en conta o limiar 2 fixado polo Real decreto 472/2014, do 13 de xuño, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2014/15 (Boletín Oficial del Estado núm. 144, do 14 de xuño).

Se a renda da unidade familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o beneficiario terá praza gratuíta.

Se a renda da unidade familiar é superior ao limiar 2, o beneficiario deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 538 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 825 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.307 €.
d) Máis do 30 %: 1.968 €.

Prazos:
  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 9 de xuño e o 15 de xullo de 2016 (incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 9 de xuño  e o 8 de agosto de 2016 (incluído).

Máis información: DOG do 25 de maio de 2016 e nos CRD: