Entrada destacada

Becas y ayudas a alumnos de niveles postobligatorios

Convocatoria 2017-2018 El día 10 de agosto de 2017 se publicó en el Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones (no en el tradicional ...

lunes, 15 de junio de 2015

Becas Galeuropa ( prácticas formativas no remuneradas)

Convocatoria 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non  remuneradas na Unión Europea (tanto en empresas coma entidades, públicas ou privadas).
http://xuventude.xunta.es/galeuropa-2015.html

A convocatoria destas axudas e as súas bases reguladoras recóllense na Orde do 4 de xuño de 2015, (publicada no DOG do 15 de xuño de 2015).

Corrección de erros: DOG 1 de xullo de 2015

Esta orde enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, no Eixo 5. Medida 8.2.2.8.

Programa de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos para a realización de prácticas formativas en empresas de países europeos, de modo que complementan a súa competencia
profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral.
Concíbese polo tanto estas axudas como unha das medidas para a implantación do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Finalidade: A finalidade do programa de mobilidade transnacional xuvenil é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

Preténdese promover e axudar a financiar á mobilidade da mocidade galega para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas en  entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozasparticipantes, ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades galegas, tanto entidades locais coma entidades sen ánimo de lucro.

Financiamento:
Estas axudas son cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89%.

A convocatoria está dotada cun orzamento total de 999.765,72 euros

Requisitos dos/as participantes nas mobilidades:

1. Deberán estar inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
(SNGX) no ámbitoda Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Deberán ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de GarantíaXuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014 deberán cumprir os seguintes:

a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.

Procedementos que regulan estas axudas e tipo de beneficiarios/as:

As axudas á mobilidade transnacional xuvenil, Galeuropa 2015, regúlanse a través de 3 procedementos distintos na web https://sede.xunta.es/portada:

AXUDAS INDIVIDUAIS, concedidas directamente pola Consellería de Traballo e Benestar á mocidade galega maior de 18 anos e menor de 25, ou menor de 30 anos se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, que estean inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (máis información...)
Procedemento BS324A

AXUDAS A PROXECTOS PRESENTADOS POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
Procedemento BS324B

AXUDAS PARA PROXECTOS PRESENTADOS POR ENTIDADES LOCAIS
galegas: concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de municipios.

En calquera caso para obter a condición de persoa/entidade , será necesario estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e ademais non estar incurso nalgunha das situacións de prohibición de contratar recollidas na lei se Subvencións de Galicia.
Procedemento BS324C

Prazo de presentación de solicitudes: comeza o martes 16 de xuño e remata o mércores 15 de xullo de 2015.

Período de realización das prácticas:dende o día seguinte a publicación do listado de persoas/entidades beneficiarias ata o 30 de novembro de 2015.

Máis información: 
http://xuventude.xunta.es/galeuropa-2015.html
Teléfonos: 981 544 854 e 981 544 645 e -mail: galeuropaprgarantiaxuvenil@xunta.es
Tlfno: 981 541 688 e 981 544 645
 
Fuente: Xuventude.net

Becas en el Centro Superior de Hostelería de Galicia

Convocatoria 2015

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia convoca bolsas para a realización de
estudos.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150615/AnuncioG0256-040615-0001_es.html
Modalidade das bolsas:

A. Bolsas de matrícula:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.

B. Bolsas de excelencia:
2 bolsas tipo I para o 1º curso Diploma superior en Xestión Hoteleira.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015.

Máis información:
DOG do 15 de xuño de 2015
Centro Superior de Hostalaría de Galicia
teléfonos 981 542 519 e 981 542 559 
http://turismo.xunta.es

Fuente: CSHG