lunes, 1 de junio de 2015

Fondo solidario de libros de texto para alumnado de Educacion Primaria y de ESO (actualizado 16-5-2016)

Convocatoria 2016

A Consellería de Educación crea un fondo solidario de libros de texto destinado ao
alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de educación
secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2016/17.
http://www.edu.xunta.es/portal/node/14931

Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por:

1. Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2015/16, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver.

2. Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo.

Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2016/17 nos niveis educativos incluídos.

O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de xuño de 2016.

Ver extracto da convocatoria

Máis información:
DOG do 16 de maio de 2016 ( accede)
http://www.edu.xunta.es/portal/node/14931

Fuente: Consellería de Educación

Ayudas para libros de texto de Educación Primaria, y de ESO (actualizado 16-5-2016)

Convocatoria 2016


A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º  de educación primaria, en 2º e 6º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2016/17.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B&procedemento=ED330B
Requisitos:

Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 17 de maio ao 23 de xuño de 2016 (este incluído).
O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017

Ver extracto da convocatoria


Máis información:
 DOG do 6 de maio de 2016 ( accede)
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B&procedemento=ED330B

Fuente: Xunta de Galicia