Entrada destacada

Canales YouTube que te recomendamos

Y si tú tienes tus preferidos envíanoslos para añadir a la lista !! ubuntu.orienta@gmail.com  ...

sábado, 2 de mayo de 2015

Plazas para personas colaboradoras - becarias en las residencias juveniles

Convocataoria 2015


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas
Colaboradoras - bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de
Traballo e Benestar para o curso académico 2015/2016.
Prazas:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.

Requisitos:

·         Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
·         Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
·         Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
·         Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM do ano en curso.
·         Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
·         Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xuño de 2015.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303C
Máis información no DOG do 4 de maio de 2015.

Residencias: