Entrada destacada

Hay salida. Violencia de género.

El material educativo “Hay Salida” para la prevención de la violencia de género en la adolescencia , está destinado a proporcionar a los p...

viernes, 6 de octubre de 2017

Ayudas para inicio de estudios universitarios en Galicia.

Convocatoria 2017

A Consellería de Educación convoca axuda s destinadas a financiar os gastos da Matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=441C&procedemento=ED441C
Importes das axudas:

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

Requisitos académicos

Acreditar unha cualificación na avaluación de bachalelato para o acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.

Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Requisitos de carácter económico:

Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:

•Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
•Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
•Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
•Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
•Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
•Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
•Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
•Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.

O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 4 de novembro de 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario