miércoles, 27 de abril de 2016

Plazas en las residencias juveniles de la Dirección General de Juventud

Convocatoria 2016

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 220 prazas para mozos e mozas, nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2016/2017, no réxime  de internado.

http://www.injuve.es/convocatorias/actividades/plazas-en-residencias-juveniles-galicia

As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de xullo de 2016. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Prazas:

Requisitos para mozos e mozas estudantes:

– Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2016.

–Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos
Formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

-Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de
centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos
que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos
universitarios, nos que o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Requisitos para mozos e mozas traballadores/as.

-Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia familiar da persoa solicitante.
-No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses a contar dende a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
-No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no Réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo mensual: 
a) Habitación doble: 324 € por residente y mes.
b) Habitación cuádruple: 250 € por residente y día.
O prazo de presentación de solicitudes: do 28/4/2016 a0 28/5/2016 .

Máis información:
DOG 27 de abril de 2016 
 http://www.injuve.es/convocatorias/actividades/plazas-en-residencias-juveniles-galicia



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada